miércoles, 21 de febrero de 2024

Curso competencias dixitais para infancia

#cursocompetenciasdixitais // Achegamos información sobre o Curso de competencias dixitais para infancia e mocidade que se vai realizar en Cangas.

🗓 INSCRICIÓNS - Do 12 ó 23 de febreiro na Casa da Xuventude.
👩🏻‍🎓👨‍🎓 PARA QUEN - Crianzas entre 9 e 13 anos.
🌍 ONDE SE IMPARTE - Centro social de Cangas.
🕡 HORARIO - 1h30 cada semana a escoller entre as opcións. 
💶 CUSTE - Gratuito

Aquí deixamos a autorización a cubrir e máis información 👇

https://drive.google.com/file/d/1ecO_K5iLDXU_1BU2zlU8yOBqbCLicymT/view?usp=drivesdk


martes, 20 de febrero de 2024

Xornadas de portas abertas 2024

Hoxe comezan as xornadas de portas abertas nos colexios públicos de Cangas.

Aquí podes atopar toda a información: días, horas, teléfonos e o que cada centro ofrece.











jueves, 30 de noviembre de 2023

Xornadas pola Igualdade 2023

Chegamos ó final destas xornadas co resultado do Concurso-Concerto pola Igualdade 2023.


Queremos agradecer a todas as participantes e o centro IES Rodeira por facilitarnos a realización da actividade e a súa implicación.

Noraboa a todos os grupos polo traballo feito e sen máis rodeos compartimos o resultado.

Lembrade que podedes escoitar as cancións no noso blog e na páxina do Facebook de A Gameliña.



Actividade realizada coa axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.








Xornadas pola igualdade 2023

 Rematamos estas Xornadas pola Igualdade 2023 co Concurso - Concerto levado a cabo no IES Rodeira. Esta tarde desvelaremos a decisión do xurado. 



Moita sorte a todos os grupos participantes!!!




Actividade realizada coa axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.

domingo, 26 de noviembre de 2023

Xornadas pola igualdade 2023

Mañá WÖYZA estará no CEIP do Hio cun obradoiro sobre A muller e a música.




Actividade realizada coa axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.

Charlo sobre o botrato

O día 28 de novembro temos ás 18.30h no CEIP de San Roque unha charla sobre o #BOTRATO organizada pola Confederación ANPAS GALEGAS e coa colaboración de A Gameliña aberta a quen queira participar.
Contamos con canguraxe de balde para as familias que o precisen 👇
💜 Únete ao #botrato!






lunes, 20 de noviembre de 2023

Xornadas pola igualdade 2023

Este xoves 23 ás 19.30h no Salón de Actos do Centro Social dentro da semana do 25N levaremos a cabo unha charla-obradoiro con título "Das Barbies ás Influencers" da man de Prisma

Contaremos con servizo de canguraxe, nesta ligazón podes solicitalo 👇



Actividade realizada coa axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.